Actividades, Faladoiros

Ciclo de actividades de igualdade

Traemos novas con relación á proposta de actividades enfocadas á promoción da igualdade de xénero que presentamos o pasado mes de abril.

Dende este xoves pasado e ata mediados de novembro desenvolveranse diversas actividades pola igualdade promovidas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciadas ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Estas actividades consisten en charlas e actividades lúdicas e formativas, co obxectivo de adquirir unha maior formación e sensibilización colectiva en relación coas temáticas que se abordan. Para o desenvolvemento de todas estas actividades contarase ca psicóloga Andrea Sieiro Paz, con experiencia e formación específica en materia de igualdade, prevención e abordaxe de violencia de xénero, sexualidade e terapia sexual, así como formación de posgrao en Infancia e Adolescencia.

As actividades propostas para o alumnado desenvolveranse en horario lectivo.

Para o alumnado do ciclo de infantil haberá sesións de contacontos no que se traballará a prevención da violencia mediante o uso de contos que axuden a identificar situación de violencia e para exemplificar como debe ser un trato adecuado e respectuoso entre persoas.

Para o alumnado do primeiro ciclo de primaria plantéxase un obradoiro-documental, no que se profundizará qué cousas poden facer nenas e nenos para abordar a igualdade e a posibilidade de realizar as mesmas actividades, deportes, xogos, profesións, independentemente do xénero.

No caso do alumnado de 3º, traballarase nun diccionario da igualdade, onde se repasaran conceptos claves da igualdade. Trataranse temas como a corresponsabilidade, discriminación, sexismo, micromachismos e a diversidades.

No tocante ó alumnado de 4º traballarase nun obradoiro no que se analizará a publicidade á que teñen acceso as nenas e os nenos e dos estereotipos que nela se reproducen.

Para o alumnado de 5º e 6º de primaria, plantexarase un obradoiro sobre “Coñecer, descubrir, respectar”, incidirase na importancia da validación e lexitimidade dos desexos propios e alleos á hora de establecer relación, e a ineludible existencia de consentimento mutuo como forma de relación entre iguais.

Paralelamente está programada unha charla informativa para as familias. Neste caso, abordaranse os temas traballados co alumnado para poder continuar esta labor dende as familias. Esta última actividade está prevista para o vindeiro venres 4 de novembro de 19:30 a 21:30 no Auditorio Constante Liste, na Ramallosa. Para aquelas familias que o precisen, contarase cun servizo de conciliación.

Para acudir á charla informativa, por favor completa o seguinte formulario de inscrición. O prazo de inscrición na charla estará aberto ata o 2 de novembro e terán preferencia as familias do Cole de Calo.

Formulario de inscrición para a Charla de Igualdade para familias

Precisas servizo de conciliación?

Protección de datos

De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de datos de Carácter Persoal, polo que se regula o dereito de información na recollida de datos informámoslle dos seguintes extremos:
Os datos de carácter persoal que nos acaba de subministrar teñen como única finalidade a xestión da charla nutricional, polo que non serán cedidos a terceiros, agás as cesión legalmente permitidas.
Os datos solicitados a través desta e outras posibles comunicacións son de subministración obrigatoria para xestión dos asistentes á charla. Estes son axeitados, pertinentes e non excesivos. A súa negativa a subministralo implica a imposibilidade de prestarlle o servizo.

Así mesmo, e en vista a permitir a gravación da charla para o seu visionado en diferido, infórmaselle que o encendido da cámara web durante a mesma supón o consentimento ao emprego do contido gravado e da súa imaxe, ao amparo do disposto na Lei Orgánica 1/1982, de Protección Civil do Dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

Advertisement

Unha opinión sobre “Ciclo de actividades de igualdade”

Os comentarios están pechados.